Site icon Crónica3.com A Mariña

Cristóbal Rodríguez vence no Ranking Galego de elite absoluto de esgrima

rodrO actual campión do mundo de Laser-Run, Cristóbal Rodríguez, non deu opción aos seus rivais, no Ránking Galego de categoría Elite Absoluta.

O tirador da Banca paso a Poule invicto polo que quedou exento do cadro de 32 librando os combates máis rechamantes posteriormente con Ricardo Llovo o cal solucionou por un tenteo de 10/15 para o mariñán.

A continuación, e tras un breve descanso, libraba combate con Rodrigo Rama que saldaba cun tenteo a favor de 9/15 para Rodríguez, enfrentándose finalmente a Miguel Fernández ao cal vencía por 8/15 a favor do deportista mariñán que se facía co ouro.

Doutra banda, Rodríguez tambén se fixo coa medalla de Ouro no noveno Torneo Internacional San Froilán despois de vencer á escadra do coruñesa do Ceco e ao combinado portugués do Club Santo Tomas do distrito de Porto.

YOLANDA RODRIGUEZ CONQUISTA O BRONCE EN M20
A benxamina da familia, Yolanda Rodríguez, conquistaba tamén a medalla de bronce no Ránking Galego en Categoría Menores de 20 anos.

Tras pasar o seu poule tamén invicta, a multideportista mariñá de 17 anos fixo unha competición en palabras da súa mestra, Ruth Ballesteros, “moi técnica” que lle valía a medalla a pesar de enfrontarse a rivais moito maiores, na categoría absoluta conquistando unha moi meritoria sexta praza.

Exit mobile version