A formación galeguista estivo representada por Manoel Vello, secretario nacional de organización, Ramón Rodríguez, secretario nacional de finanzas e Pilar Dopazo, secretaria nacional de formación. O PNV reiteroulle a Compromiso a confianza depositada na organización galeguista e transmitiulle o seu convencemento de que CxG vai por bo camiño e que necesita tempo para afianzarse de xeito sólido na sociedade galega.
Como exemplo, o partido vasco puxo o acontecido en Navarra, onde o PNV hoxe en día conta cunha importante representación institucional, despois de duros inicios e posteriores reinicios. A este respecto o secretario de organización Joseba Aurrekoetxea, lembroulle á delegación galeguista que a formación jetzale (PNV) obtivo nas eleccións forais de 1987 en Navarra 2.661 votos e hoxe forman parte do sistema político navarro.