“Non podemos relaxarnos, comezamos con moitas ganas, para nós é un título moi importante polo que loitar” aseguraba Judith incidindo na motivación das ribadenses por medirse a un rival de Primeira, co aliciente extra de duelo comarcal.
Ata despois do adestramento desta tarde, que arrancará ás 19.30 horas, non se coñecerá a convocatoria para a cita copeira.
Fase de grupos
O cadro de Lucas e Julio Delgado pechará a primeira eliminatoria recibindo o Viaxes Amarelle FSF, de Segunda, coa cita aínda pendente de datar.
Liga. O Pescados Rubén disputará o segundo compromiso da semana o sábado, coa sexta xornada ligueira; será na casa do Rubí FS, ás 16.30 horas (La Llana).