Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous estudantes mariñáns reciben os premios extraordinarios de Bacharelato do curso 15/16

Lugo, 24 de outubro de 2016.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica este luns no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se conceden os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/16, uns galardóns que teñen como obxectivo recoñecer a excelencia educativa do alumnado galego.

Un total de 6 alumnas e alumnos da provincia de Lugo resultaron beneficiados destes galardóns, dirixidos ao alumnado que nos dous cursos de bacharelato obtivo unha cualificación final media igual ou superior a 8,75 e que obtivo as mellores cualificacións nas probas realizadas para optar aos ditos premios. Ademais, os aspirantes realizaron unha proba estruturada en dúas partes: a primeira consistente na análise e comentario crítico dun texto de carácter xeral, histórico, filosófico e literario e na resposta a cuestións de carácter cultural e lingüístico sobre un texto na lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia común de bacharelato. Na segunda parte desenvólvense temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia propia da modalidade e cursada polo alumnado.

Cada premio está dotado cunha contía de 1000€ e o alumnado que obteña o premio poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público. Ademais supón a anotación da distinción no seu expediente académico, un diploma acreditativo e outorga a posibilidade de concorrer aos premios nacionais de bacharelato.

Galardoados
En concreto os estudantes galardoados son Mercedes Anaya Cortizo, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo); Fernando Cabana Porto, do CPR Plurilingüe San José (Lugo); Adrián Castro Montenegro e Paula Portela Cabana, ambos do IES Leiras Pulpeiro (Lugo); Uxío Eduardo Fernández Corbelle, do IES Monte Castelo (Burela); e Carmen Novo González, do IES Vilar Ponte (Viveiro).

Exit mobile version