Polo que sabemos, hoxe en día esta nación vive soamente na nosa imaxinación. Con todo, existen miles de persoas en todo o mundo que loitan por formar unha cultura de rendición de contas e de anticorrupción nos seus países.
A impunidade é un dos problemas cos que o Estado Español ten que traballar con máis urxencia. Podemos ter boas leis de acceso á información pública pero o problema vén cando están rodeadas de moita impunidade. Os datos están aí pero ninguén se fai responsable do caso de corrupción.
O sistema financeiro do mundo de hoxe permite que o movemento de diñeiro sexa moito máis fácil. Da mesma xeito, individuos e institucións que actúan de xeito corrupta poden ocultar fondos e evadir a lei. O problema principal é que a corrupción é unha tradición das Españas todas. Non hai unha disociación histórica entre transparencia e seguridade. Nunca o combinamos na historia, hai unha cultura de segredo. Como exemplo ai esta o financiamiento ilegal dos partidos políticos, onde non existe unha clara rendición de contas.
No dia a dia hai moitas queixas dos servizos púbricos e a distribución de recursos pero poucos son os que se preguntan o porque non funcionan. Contrátanse a empresas ineficaces ou corruptas, hai sobornos para obter certas concesións de traballo.
O obxectivo de toda a xente de ben, que tamen existe é acabar con corrupción dende os concellos, pasando por os organismos provinciais, autonomicos ou do Estado.
Otero Regal.