Site icon Crónica3.com A Mariña

En marcha o programa Xogade na Mariña

A nova temporada do programa de Deporte Escolar da Xunta de Galicia “Xogade” 2016 – 2017 na Mariña arrancaba este xoves no Colexio do Pilar cunha gran cerimonia na que estiveron os respresentantes dos clubs de A Mariña así como D. Manuel Otero (xefe do Servizo provincial de deportes), D. Carlos Lorenzo (coordinador provincial de deportes) e os representantes da A.D. A Mariña D. Juan Vivero (presidente) e D. Rubén G. Piñeiroa (secretario).

Comenzaba o acto cunha breve proxección dun vídeo da temporada pasada de 5 minutos de duración. Logo Manuel Otero seguiu o acto dando a benvida aos representantes dos equipos e xunto con Carlos Lorenzo repasaron as novidades para esta temporada, entre as que destacan que aparece unha nova modalidade “Multixogo” para nenos de 6 a 8 anos e o resto de disciplinas que continúan ofertándose de igual xeito que a temporada pasada.

Logo dende a agrupación A Mariña presentáronse as datas de competición así como as distintas modalidades: campo a través, atletismo, tenis de mesa, fútbol sala, baloncesto, patinaxe artístico, xadrez, duatlon, bádminton e natación.

As ligas regulares de fútbol sala e baloncesto comenzarán o 12 de novembro xogándose interrumpidamente todos os sábados, tendo previsto rematar a finais de febreiro.

O campo a través queda fixado en domingo a partir desta temporada coas seguintes datas: 18 decembro 1ª preparatoria, 22 xaneiro 2ª preparatoria e o Campionato comarcal para o 5 de febreiro. O campionato provincial será o domingo 18 de febreiro e o Campionato galego de campo a través o sábado 11 de marzo.

En atletismo anunciáronse tamén as datas xa marcadas no calendario: 1ª preparatoria en pista para o 2 de abril, 2ª preparatoria 30 de abril e Campionato provincial o 2 de maio.

Remataba o acto coa entrega de trofeos da temporada recén rematada:

– Campión Liga F. Sala Benxamín: Santiago de Foz.
– Campión Liga F. Sala Alevín: Acd Xove
– Campión Liga F. Sala Infantil: Fornos Superti.
– Campión Liga. F. Sala Cadete. Burela F. S. A
– Campión Liga Basket Benxamín: O Pilar.
– Campión Liga Basket Av. Mixto: M. Otero.
– Campión Liga Basket Av. Feminino: O Pilar.
– Campión Copa F. Sala Benxamín: Burela F.S A
– Campión Copa F. Sala Alevín: Acd Xove
– Campión Copa F. Sala Infantil: Fornos Superti
– Campión Copa F. Sala Cadete: Maderas Barcia Lourenzá.

Exit mobile version