Site icon Crónica3.com A Mariña

En Marea presenta unnha proposición no Congreso para que Fomento axilice “sen paróns” as solucións para os peches continuos da A8

Madrid, 20 de outubro de 2016. O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, rexistrou unha proposición non de lei na Cámara Baixa na que demanda a Fomento que axilice, sen paróns, o proceso para adoptar solucións técnicas para evitar os continuos peches da A-8 entre Abadín e Mondoñedo debido ás néboas que caracterizan as estacións de primavera, verán e outono.

O deputado de En Marea que xa presentara unha pregunta dirixida a Fomento para coñecer o estado administrativo deste tema, e que non foi respostada polo Ministerio, decidiu rexistrar esta proposición non de lei debido “á lentitude e á parsimonia coa que Fomento está a levar a procura de solucións. Descoñecemos se se probaron os prototipos tal e como anunciou o Ministerio a primeiros de verán. Nada se sabe do estado da cuestón”.

Mentras, un ano máis, subliña o deputado lugués, a Transcantábrica, “na A-8 séguese o mesmo guión: o tramo entre Abadín e Mondoñedo péchase ao tráfico cada poucos días, algúns deles coincidindo con xornadas de elevado tránsito de vehículos por periodos vacacionais ou pontes festivas. De feito, o corte máis recente é o destes días. Pechous o tramo desde Arroxo até A Xesta o 17 de outubro e aínda note estaba cortado pola néboa. Como sempre, os conductores foron desviados pola N-634, en días das principais festividades de Mondoñedo”.

“Un mes de outubro de continuos peches”
A A-8, puntualizou, permanece pechada o 12 de outubro, o 5-6 de outubro, o 29-30 de setembro e “así poderíamos continuar desde o mes de marzo ou de abril até a actualidade”. Lembra Miguel Anxo Ferán Vello que a Transcantábrica é unha autovía “nova, foi moi cara, e agora resulta que é inútil para quitar tráfico da vetusta e deteriorada N-634. A Mariña precisaba unha vía de alta capacidade para mellorar as comunicacións na comarca dado que as estradas de titularidade estatal como a mencionada teñen un pésimo estado de conservación e adoecen de múltiples problemas de seguridade vial”.

O deputado de En Marea pón de manifesto que o pasado mes de abril, o Ministerio de Fomento anunciaba que en poucos días procedería a clausurar a fase de consulta de mercado para buscar unha solución. Un proceso que durou nove meses. Logo, “a primeiros de verán, Fomento anunciou que en xuño e xullo se probarían os prototipos. Pero nada sabemos en relación ao tema”.

O parlamentar de En Marea insta ao Ministerio a acelerar a tramitación para que por fin se poñan en marcha solucións no 2017 e “os habitantes de A Mariña poidan utilizar con normalidade a autovía sen ter que ser desviados pola antiga N-634, por certo, aínda sen mellorar”.

Exit mobile version