Site icon Crónica3.com A Mariña

Enrique Cabanela e Cristina Devesa reciben as Cruces ao Mérito Policial con distintivo branco en Viveiro

cruces-policiaLugo, 3 de outubro de 2016. O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo Páez, presidiu este luns o acto institucional con motivo da festividade dos Anxos Custodios, patróns da Policía Nacional, no que eloxiou o traballo “imprescindible” dos axentes como garantes dunha “convivencia harmónica” que tén contribuido “de xeito decisivo a facer de España un gran país, cunha das democracias máis seguras do mundo”.

Ao acto, que se celebrou no salón de actos de Afundación, asistiron o comisario xefe provincial, Manuel Teijeiro; o comisario xefe de Operacións, Antonio Villamarín; o xefe interino da Comandancia da Garda Civil, o coronel Miguel Ángel González Arias; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o xefe territorial da delegación de Presidencia da Xunta, José Manuel Rozas; a deputada provincial de Cultura, Pilar García Porto; o presidente da Audiencia Provincial, José Antonio Varela Agrelo; o fiscal xefe de Lugo, Roberto Brezmes; e o subdelegado de Defensa, Carlos Boado, entre outros.

UN CORPO ADAPTADO AOS TEMPOS
O subdelegado do Goberno salientou no seu discurso o “bo servizo, sacrifizo e dedicación” que os axentes da Policía Nacional demostran día a día nas súas actuacións para cumprir coa “nada doada encomenda de protexer os nosos dereitos e liberdades, e asegurar a integridade dos nosos fogares”. Valorou ademais a capacidade da policía para adaptarse aos tempos e dar resposta aos novos retos e ameazas que van xurdindo: “É o caso do terrorismo internacional, que se tén convertido nunha ameaza global que traspasa as fronteiras de Estados e rexións. Ou o caso tamén da ciberdelincuencia, o narcotráfico e a violencia de xénero; gravísimas manifestacións da criminalidade que veñen enturbiar a nosa convivencia democrática, pero que atopan no noso país un territorio hostil, grazas á profesionalidade e á resposta integral, especializada e cada vez máis coordinada que atopan por parte dos corpos policiais”.

Ramón Carballo subliñou tamén neste senso a importancia da cooperación existente entre os efectivos da Policía Nacional, a Garda Civil e as policías locais, ademais de agradecer a “activa colaboración” da cidadanía coas forzas de seguridade, que favorece intervencións máis áxiles e contribúen a previr e resolver certos delitos.

RECOÑECEMENTO SOCIAL
Antes de rematar a súa intervención, Carballo aproveitou para agradecer aos axentes da Policía Nacional, dun xeito especial aos destinados en calquera das unidades, departamentos e sección das comisarías de Lugo, Monforte e Viveiro, a súa labor e para animalos a non baixar o “nivel de esixencia”, que os sitúa ano tras ano “como unha das institucións máis queridas pola sociedade”, segundo reflexan as enquisas do CIS.

O subdelegado referiuse ademais á “inxección de efectivos” que notará a Policía Nacional, trala recente convocatoria de oposición libre para a Escala Básica do Corpo.

CONDECORACIÓNS
No transcurso do acto institucional, procedeuse á entrega de dez Cruces ao Mérito Policial con distintivo blanco. Os galardoados son sete axentes da Policía Nacional, dous da Unidade Adscrita á Xunta de Galicia e o xefe interino da Comandancia da Garda Civil en Lugo:

Gerardo Pérez Lenza. Inspector. Comisaría Provincial Lugo

Sonia Aparicio Vidales. Inspectora. Comisaría Provincial Lugo

Hugo Saavedra Díaz. Inspector. Comisaría Provincial Lugo.

Diego Fernández Fernández. Oficial. Comisaría Provincial Lugo

Juan Luis Pampín Ramos. Policía. Comisaría Provincial Lugo

Francisco Javier Díaz Teijeiro. Policía. Comisaría Provincial Lugo

Xosué Varela Redondo. Policía. Comisaría Provincial Lugo

Pablo Raposo Celeiro. Policía. Unidade Adscrita á Xunta en Lugo

Manuel Fernández Martínez. Policía. Unidade Adscrita á Xunta en Lugo

Miguel Ángel González Arias. Coronel. Xefe interino da Comandancia da Garda Civil en Lugo

De igual xeito, nos actos celebrados nas comisarías locais de Monforte e Viveiro, foron galardoados coas Cruces ao Mérito Policial con distintivo blanco:

María Jesús Rodríguez Martínez. Subinspectora. Comisaría Monforte

Constantino Calleja García. Policía. Comisaría Monforte

Enrique Cabanela Domínguez. Policía. Comisaría Viveiro

Cristina Devesa López. Policía. Comisaría Viveiro

Exit mobile version