Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF insta a Fomento a sinalizar o inicio e fin do municipio de Foz

O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro,Luís Alfonso Sixto Legaspi,Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Concello de Foz ten grandes carencias de sinalización, tanto nas estradas de titularidade municipal, como das da Deputación como das do Estado.Dende “Foz,Plataforma de Futuro”, podemos observar como noutros concellos da Mariña nos atopamos con sinales que nos dan a benvida ó Concello e nos despiden cando acabamos o seu termo, e sen embargo en Foz carecemos desta sinalización.É traballo de todos os membros da Corporación Municipal de Foz tratar de mellorar todas estas deficiencias e loitar por conseguilo.

Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:

-Instar ó Ministerio de Fomento a sinalizar o comezo do noso Concello e a súa finalización na estrada da súa titularidade N-642.

Exit mobile version