Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF pide o acondicionamento do Camiño Vello no barrio de Marzán

O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro,Luís Alfonso Sixto Legaspi,Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

Para “Foz, Plataforma de Futuro” unha das nosas maiores preocupacións son as vías de comunicación do noso Concello.Sobre todo aqueles camiños das nosas parroquias que que os veciños delas lles gusta ter en bon estado para poder facer uso deles. Nos últimos tempos a través dos veciños e representantes da AA.VV de Marzán, puxéronse en contacto con nós, para informarnos dun camiño que está nunhas condicións intransitables, coñecido como “O Camiño Vello”, este camiño sae do lado da “casa de Cadrado” e vai cara estrada Xeral antes de chegar á Gasolineira.

Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo: instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a acondicionar para que sexa transitable o “Camiño Vello” no barrio de Marzán.

Exit mobile version