Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF presenta unha emenda para a modificación da ordenanza do IBI do Concello de Foz

Dende “Foz, Plataforma de Futuro” acabamos de comprobar como o Concello a través da Deputación Provincial de Lugo ven de cobrar os recibos do IBI cunha subida do 12%con respecto ó ano pasado. Dende “Foz, Plataforma de Futuro” fixemos o imposible durante o ano pasado, non só para impedir que subise o recibo do IBI senón para que baixase dito imposto.Pero iso non foi posíbel por sendas alegacións postas por o PP e o BNG, e dita rebaixa non se puido levar a cabo para este ano.

No pleno deste mes Outubro o Sr. Alcalde ben de propoñernos, ós grupos da Corporación Municipal, unha proposta similar á do ano pasado. Esta é que o tipo de gravame do IBI pase do 0.60 o 0.54% e unha bonificación do 3% sobre a cota íntegra do imposto para aqueles veciños e veciñas que teñan domiciliado ou domicilien os recibos de este imposto municipal. Tamén se plántea unha opción que FPF propuxo, como é que se poida pagar este recibo en dúas veces ó ano en xuño e outubro.

Co tipo de gravame que propón a alcaldía, o IBI seguiría subindo un 2% no ano 2017, si o veciño/a non domicilia os seus recibos.

“Foz, Plataforma de Futuro” traballa para que o IBI no ano 2017 quede conxelado, e non se contemple ningunha suba.

Despois de escoitar a proposta de alcaldía e de presentala na nosa asemblea, FPF decide presentar una emenda a esta proposta que se basea no seguinte:

– Que o tipo de gravame que se aplique sexa o 0.52% en lugar do 0.54%

– Que a bonificación por domiciliación sexa a máxima que permite a lei, ou sexa do 5% en lugar do 3%.

Con estas medidas consideramos que conseguiríamos que no ano 2017 o recibo do IBI quede conxelado, e non se vexa incrementado nin un só céntimo máis.Esperemos que na sesión Plenaria deste último xoves de Outubro poidamos chegar a un acordo e que os mais beneficiados sexan os nosos veciños.

Exit mobile version