Site icon Crónica3.com A Mariña

FPF, satisfeito coa aprobación das tres mocións no último Pleno

O GRUPO MUNICIPAL DE “FOZ,PLATAFORMA DE FUTURO”SATISFEITO POLA APROBACIÓN POR UNANIMIDADE DAS TRES MOCIÓNS DO ÚLTIMO PLENO DO CONCELLO DE FOZ.ASÍ MESMO MANIFESTAMOS O NOSO APOIO Á NOVA ORDENANZA FISCAL DAESCOLA DE MUSICA MUNICIPAL DE MUSICA E TRASLADAMOS VARIOS PROBLEMAS DESTA A FECHA DE HOXE.

– Instar á Deputación Provincial de Lugo a incluír nos presupostos do vindeiro ano unha partida presupostaría para seguir as beirarúas do centro de Vilaronte hacia a Espiñeira.

– Instar ó Concello de Foz a cambiar a ordenanza municipal sobre o cobro do IBE para que no vindeiro ano se pague en dúas veces a contribución, así como, todos aqueles recibos que estean domiciliados ou se domicilien a partires deste momento sufran unha bonificación.
– Instar ó Concello de Foz a que sexa declarado Concello solidario co Alzheimer.
Este pasado xoves 29, ven de celebrarse o pleno da Corporación Municipal do mes de Setembro do Concello de Foz.

– No punto número 10 da Orde do día figuraba a proposta de FPF para instar á Deputación Provincial de Lugo a incluír nos presupostos do vindeiro ano unha partida presupostaría para seguir as beirarúas do centro de Vilaronte hacia a Espiñeira.

Na parroquia de Vilaronte fai mais ou menos 8 anos, a Deputación provincial de Lugo, decidiu facer a construción das beirarrúas na estrada da súa titularidade ( LU-P-2002), obra que fora demandada polos veciños e que encheu de ledicia a estes, xa que os veciños poden pasear con máis seguridade e tranquilidade.Novamente nos últimos tempos os representantes dos veciños puxéronse en contacto con nós para pedirnos que fixéramos as xestións oportunas para solicitar que esas beirarrúas se continúen ata a zona da Espiñeira.

Despois de debater esta moción aprobouse por unanimidade da Corporación Municipal instar á Deputación Provincial de Lugo proceda a incluír nos presupostos do ano 2017, unha partida presupostaría suficiente para a execución do tramo de beirarúas que falta ata a zoa da Espiñeira na estrada (LU-P-2002).

– No punto número 11 da orde do día figuraba a proposta de FPF para instar ó Concello de Foz a cambiar a ordenanza municipal sobre o cobro do IBE para que no vindeiro ano se pague en dúas veces a contribución, así como, todos aqueles recibos que estean domiciliados ou se domicilien a partires deste momento sufran unha bonificación.

Nos últimos meses procedeuse por parte do Concello de Foz, a aprobar que a xestión da recadación municipal sexa levada dende a Deputación Provincial de Lugo, entre o cobro que vai levar está o do IBI. Un imposto que nos últimos anos co goberno do PP no noso Concello subiu un incremento importante no seu importe, sobre todo no referente ás vivendas do medio rural.

Somos coñecedores que a Deputación Provincial por norma fai un cobro anual deste imposto, sempre e cando os Concellos non soliciten que ese cobro se reparta ó longo do ano en varios pagos. “ Foz,Plataforma de Futuro” levaba no seu programa fraccionar o pago de impostos do noso Concello, e despois das últimas subidas, e novamente a que vai haber neste ano, vemos necesario darlle un leve respiro ós bolsillos dos nosos veciños, e entendemos que nestes momentos, ese mellor respiro, sería que se lles pasaran os recibos repartidos en dúas veces ó ano.
Despois de debater esta moción aprobouse por unanimidade da Corporación Municipal instar ó equipo de goberno do Concello de Foz a traer a pleno antes de finais de Novembro a ordenanza municipal sobre o cobro do IBE para modificala, para que no ano 2017, a Deputación Provincial de Lugo realice o seu cobro repartido en dúas veces ó ano,así mesmo tamén,incluír nesta moción tamén a proposta do Partido Socialista de Foz, de que o mesmo día que se traia a ordenanza municipal sobre o IBE, debater tamén a posibilidade de aplicar unha bonificación para os veciños que teñan os seus recibos domiciliados, ou decidan domicilialos nos vindeiros tempos, para iso sería convinte tamén traer un estudo económico do que iso suporía.

– No punto número 12 da orde do día figuraba a proposta de FPF para instar ó Concello de Foz a que sexa declarado Concello solidario co Alzheimer.
• Conscientes de que o Alzheimer é a demencia con maior predominio que, na actualidade afecta en Galicia a 400.000 persoas entre enfermos e familiares e que, debido ao aumento da esperanza de vida da poboación, nos vindeiros vinte anos verá duplicada a súa incidencia, sendo este un problema especialmente grave en Galicia polo especial avellentamento e dispersión da poboación,
• Conscientes de que o Alzheimer é un problema socio-sanitario debido á inexistencia de tratamentos efectivos e posibilidades de prevención,
• Conscientes de que a abordaxe desta enfermidade -que ten un custo anual medio de máis de 30.000 euros- recae principalmente nas familias e que a dotación de recursos socio-sanitarios específicos para afrontar as necesidades das persoas enfermas e das súas familias é escasa,
• Conscientes de que, a pesar das diferentes recomendacións formuladas dende os diversos órganos nacionais e internacionais e do recoñecemento da importancia desta problemática na comunidade galega, non existe un plan autonómico especificamente dirixido a paliar os efectos desta enfermidade,
Sabedores/as de que a poboación de FOZ está a envellecer e que iso leva consigo importantes riscos á hora de adquirir ou padecer unha demencia (sobre todo tipo Alzheimer).

Despois de debater esta moción aprobouse por unanimidade da Corporación Municipal a declaración como Concello Solidario co Alzheimer do Concello de Foz e así mesmo dar traslado de tal acordo á CEAFA (Confederación Española de Asociacións de Familias de persoas con Alzheimer e outras Demencias).

– No punto número 7 e 8 da orde do día figuraba a aprobación dunha nova ordenanza Fiscal da Escola de Música Municipal.

Despois de ter diferentes conversas tanto co Director da Escola Municipal de Música como con membros da AMPA, o grupo de “Foz,Plataforma de Futuro” apoiamos a demanda deste colectivo co noso voto favorable.

De todas maneiras tamén durante o transcurso do Pleno dende a nosa formación manifestamos as queixas que nos transmitiron nos últimos días, como foi a demanda da ampliación dos locais de ensaio que teñen xa que nalgunha sinatura polo número de alumnos vai serlles moi difícil coller,así mesmo tamén criticamos que a fecha de hoxe solo o director ten o contrato en vigor para dar clase. , estando aínda sen convocar as diferentes prazas de mestre necesarias para impartir correctamente o curso.Reclamamos tamén que se poña a funcionar a comisión de seguimento da Escola Municipal de Música como quedara aprobado no pleno extraordinario do mes de Setembro do ano pasado,acto que demostra unha vez máis a falta de compromiso e deixade do equipo de Goberno do PP de Foz.

Exit mobile version