Site icon Crónica3.com A Mariña

Iria Rodríguez, título na XVII Carreira Pedestre de Ames

iria-amesOs atletas do Maderas Barcia Lourenzá disfrutaban este domingo 23 de outubro da XVII Carreira Pedestre de Ames que era ademais o Galego de 10 kms. absoluto.

Na categoría Benxamín Feminina impoñía unha vez máis a súa autoridade unha incombustible Iria Rguez. cun tempazo de 4:15 para alzarse co título. Segunda entraba Carlota Fontela (Marineda Atlético de Coruña) e Bronce para tamén unha excepcional Henar Méndez cun tempo de 4:28 a pesar de ser unha atleta de 1º ano.

Ademais competían sen a fortuna á que nos teñen acostumados Ian Méndez e Ainara Rguez. Ian Méndez retirabase na saída tras unha forte caída e Ainara Rguez. lesionábase despois de ir comandando a carreira durante todo o percorrido.

Exit mobile version