Foi unha gran carreira para os representantes do Club 7 Voltas logrando Isabel Picoaga subir ao máis alto do podio ao gañar a carreira cun tempo de 4:06. Tamén subiría o podio Javier Legide 2º en master40 acabando a carreira 8º da xeral. Andrés Bajatierra e Javier Casal entrarían xuntos con Isabel Picoaga. Juan Jose Longarela parece que deixou atrás a mala sorte e foi quen de rematar esta proba.
En categoría masculina o primeiro en chegar á meta sería Manuel Carrelo de Pillabikes, seguido de Esteban Sánchez e Brandán Márquez.
En categoría feminina a primeira en chegar foi Isabel Picoaga, seguida de Ana María González e Silvia Blanco.
Na clasificación final do Open de Galicia Isabel Picoaga acadou a 2ª praza en féminas master. Javier Legide ocupa a 5ª plaza en master40, Andrés Bajatierra acadou a posto 23 e Juan Jose Longarela o posto 62 en master30; mentres que Javier Casal ocuparía o posto 41 en elite.