Site icon Crónica3.com A Mariña

ITV para tractores en Xove

itv-xoveUnha unidade móvil de Inspección Técnica de Vehículos, situada diante do Cuartel da Garda Civil, está realizando inspeccións a numerosos vehículos agrícolas de todo o Concello de Xove en horario de 09.00 a 13.30 horas e de 15.30 a 18.00 horas. A realización destas inspeccións xa son importantes de por sí, pero esa importancia está aínda máis que xustificada pola antigüidade dalgúns dos tractores do amplo parque existente. Con isto preténdese mellorar a seguridade dos usuarios destes vehículos e, en definitiva, de tódolos veciños e veciñas.

Exit mobile version