Un orixinal espectáculo onde as mans non pararán de falar.
Pablo Sánchez é diplomado en Ciencias da educación e Técnico en Educación Infantil. Posgraduado en interpretación pola Universidade de Santiago de Compostela, completa a súa formación en escolas internacionais (Dell Arte en EEUU, Circomedia en Inglaterra; Scuola del Attore Cómico en Italia, etc).
Leva traballando dende o ano 1989 e dende entón traballou como docente, como actor en teatro e televisión , como titiriteiro clown, contacontos, etc…
Os contos de Pablisimo é unha Cía. Especializada en contacontos, tetro de animación á lectura e teatro infantil. Os seus espectáculos de pequeno formato toman sempre como base a literatura infantil a tradición oral e o teatro.
Fundada en 2001, leva producidos máis de 20 espectáculos misturando neles monicreques, música en vivo, teatro de sombras, video, narración oral…
“Mans” é un espectáculo de teatro e narración oral onde as historias se contan con palabras e as personaxes aparecen nas mans.
Contos populares, contos de creación propia, fábulas e xogos cas mans… son dramatizados con sombras chinesas, monicreques, luvas… e moita imaxinación.
A representación terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura de Burela, o vindeiro sábado, 22 de outubro ás 18:00 horas. A entrada será libre.