Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Rural felicítase pola unión de catro cooperativas galegas nun só grupo lácteo de referencia na comunidade

A Consellería do Medio Rural quere felicitar ás catro cooperativas Feiraco, Os Irmandiños, Melisanto e Xallas pola súa decisión de unirse nunha soa co fin de crear un grupo lácteo de referencia en Galicia.

Dende o departamento que dirixe Ángeles Vázquez considérase que esta é a liña a seguir. De feito, esta decisión coincide coa filosofía que sempre defendeu a Xunta sobre a necesidade de contar cun gran grupo que lidere o sector leiteiro en Galicia para defender os intereses de todos os elos da cadea. Deste xeito lógrase estabilidade e abaratamento de custes. En concreto, este compromiso suporá agrupar a máis de 4.000 gandeiros que producen uns 410 millóns de litros de leite.

Esta unión axudará ademais a organizar un sector clave para Galicia e apostará pola industrialización dentro do noso territorio, unha peza tamén crucial para ser líderes no ámbito leiteiro.

Exit mobile version