Site icon Crónica3.com A Mariña

Nordés prepara unha visita guiada á cidade de Lugo

O sábado 5 de novembro, Nordés organiza unha visita guiada a Lugo centrada no patrimonio románo e prerromano da cidade do Miño e que percorrerá lugares tan interesantes coma a Casa dos Mosaicos, o Museo Provincial, o Centro de Interpretación da Muralla e o Domus de Mitreo, sendo a nosa guía será Aurelia Balseiro, a Directora do Museo Provincial de Lugo.

A devandita visita, o transporte en autobús dende O Barqueiro ou O Vicedo, e mailo xantar supón tan soio 20€ por persoa (15€ para os asociados), sendo o número de prazas coas que se conta de 25, polo que atenderase a inscripción por orde temporal, e compre facer a anotación ben mandando unha mesaxe ó enderezo electrónico asociacion.nordes@gmail.com, ó facebook de Nordés: www.facebook.com/nordesfaladora, ou chamando por teléfono ó 653 756 454 (Ricardo).

A saída está prevista para o sábado ás 09.00 horas no Teleclube do Barqueiro ou ás 09.15 horas na Casa da Cultura.

Exit mobile version