Nel os integrantes do noso Club Sénior tiraron do fío da memoria lembrando os tempos en que ían apañar as castañas, para despois facelas, xa secas as maiolas, en caldo ou leite. Para finalizar o encontro, gozaron do primeiro magosto da temporada.
O próximo obradoiro, neste caso dirixido ao Club Pequeamigxs, terá lugar o martes, 1 de novembro de 11:30 a 13:30 horas, co título Samaín no museo. Nel coñeceran está tradición de orixe celta e levarán a cabo algunha monstruosa creación.
Para participar nestes obradoiros totalmente libres e gratuítos, só é necesario inscribirse no propio museo, pegarnos unha chamada por teléfono ou a través do correo electrónico museodomar@museolugo.org.