A devandita reunión acudiron representantes das oito Cofradías co Presidente da Xunta; José Veiga.
“Foi unha entrevista moi cordial e na que o Bispo solicitounos que cada Cofradía se fose presentando e así lle fomos expoñendo, o que cada unha desenvolve ao longo do ano a maiores do cometido principal que é a Semana Maior. Por orde de antigüidade foise explicando moi brevemente todos os aspectos: relixioso, lúdico, social etc. Resaltámoslle a harmonía e fraternidade que hai entre as Cofradías e a colaboración entre os cofrades. Pareceulle significativo que nunha cidade como Viveiro houbese preto de 4.000 cofrades, e en consecuencia a participación e implicación do pobo”.
Pola súa banda, “tamén nos deixou claro que somos unha parte importante na Igrexa, o que esperaba de nós e a responsabilidade que temos no seo da mesma”.
Despedíronse coa confianza de que devolverá a visita podéndolle mostrar moito da súa Semana Santa, patrimonio-imaxinería, sé, arquivo, etc.