Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela acolle unha xuntanza da mesa de coordinación policial sobre violencia de xénero

Burela, 4 de outubro de 2016. No Concello burelés celebrouse unha xuntanza da mesa de coordinación policial para o reparto de vítimas de violencia de xénero entre a Garda Civil e a Policía Local.

Segundo explica a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, entre outros temas “se hizo balance de la colaboración entre la Policía Local y la Guardia Civil en el seguimiento de las víctimas de violencia de género; la reasignación de casos; o la petición por parte de la Policía Local de Burela de la exención de la obligatoriedad de acudir uniformados cuando se realiza el seguimiento a las víctimas”.

Ao encontro asistiron o alcalde de Burela, Alfredo Llano; a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero; así como a avogada do CIM de Burela, Rocío Valle, a xefa da unidade contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno en Lugo, Ana Belén Pacio; Íñigo Rouco, sarxento da Garda Civil de Burela; José Ramón González, inspector da Policía Local de Burela; e o axente da Policía Local Manuel Galdón.

A vindeira xuntanza de coordinación será en abril de 2017.

Exit mobile version