Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo acondiciona o acceso á zona das instalacións deportivas de Viñas da Veiga

f911104a-56ec-4f7a-be51-87d94d3a7542Mondoñedo, 27 de outubro de 2016.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo vén de rematar as obras de mellora na vía que permite o acceso ás instalacións deportivas da localidade en Viñas da Veiga.

En concreto, a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, explica que se actuou no firme da vía de entrada á zona deportiva. Unha obra que cualificou de “necesaria”, xa que “o acceso presentaba un considerable abandono con baches e fochancas”.

Con esta actuación, que permitiu a mellora da plataforma da infraestrutura viaria, o Goberno local completa un ciclo de actuacións acometidas nas instalacións deportivas que afectaron a varias edificacións e que poñen en relevo “o firme compromiso do Concello coa práctica deportiva e coa súa potenciación e fomento entre os veciños”, asegura a alcaldesa.

Elena Candia enumera que, entre outras das obras acometidas na zona das instalacións deportivas e de ocio, atópanse a renovación da pista do pavillón municipal, as melloras levadas a cabo no recinto das piscinas e a creación dunha pista de padel . A alcaldesa informa de que estas actuacións que veñen de acometerse supuxeron un investimento municipal de arredor de 50.000 euros, ao que se lle suman tamén os acometidos realizados para o arranxo do campo de fútbol, entre outros.

Exit mobile version