Dada a experiencia que acreditan estes señores que nos gobernan para crear comisións, levámos máis de dous anos esperando para que se cree unha comisión de seguridade vial – tal e como se aprobou por unanimidade e a proposta nosa nun pleno de outubro de 2014 – ou máis de tres anos para a creación dunha comisión para darlle unha rúa ó poeta Carlos Oroza, non podíamos modificar a nosa proposta inicial, dado que era e é urxente favorecer medidas que impulsen o emprego, e máxime despois de coñecer os datos do paro de setembro onde Viveiro, desgraciadamente, ocupa o 1º posto da Mariña no número de desempregados cun total de 1047 persoas que non teñen traballo.
Esperar a que estos señores constituisen a citada comisión suporía, probablemente e vistos os antecedentes, pasar todo o mandato sin abordar esta importante iniciativa que favorecería a creación de emprego.
O certo é que o grupo popular levábamos esta moción ó pleno convencidos de que todos os grupos apostarían sen dúbida por favorecer a mellor política social que hai, que non é outra que a creación de emprego. Lamentablemente non foi asi e hoxe os emprendedores de Viveiro non disponen dunha ferramenta que seguramente lles tivera sido moi útil para iniciar os seus proxectos empresariais.
En Viveiro a 7 de outubro de 2016
Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro PP de Viveiro