Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP de Burela considera que “o acceso ó porto significa un antes e un despóis para a nosa vila”

Burela, a 27 de outubro de 2016.- O Grupo Municipal Partido Popular (GMP) de Burela considera que “o acceso ó porto significa un antes e un despóis para a nosa vila xa que permitirá desconxestinar absolutamente de tráfico pesado o casco urbano de Burela cando entre en servicio, que segundo dixo a Conselleira de Infraestructuras Ethel Vázquez será no vindeiro mes de novembro, e por outro signficará un pulo importante para a actividade portuaria tanto pesqueira como comercial”.

Os populares din que “o goberno que preside Alberto Núñez Feijoo cumple con Burela, xa que sobre esta obra comenzouse a falar en 1993, e tivo que ser un goberno autonómico do PP, presidido por Núñez Feijoo, quen se comprometera, nunha situación de moita dificultade económica, a sacala adiante”.

Para os edís do PP, “é agora cando lle toca ó alcalde xestionar o tráfico dentro do casco urbano, e vamos a ver se é capaz de facelo, anque de momento as primeiras impresións non son boas”.
“Porque vir agora, cando a obra está a piques de abrirse ó tráfico, falando de posibles problemas na zona da Cruz Vermella sona estrano e mesmo a choriqueo. Semella esquecer o alcalde que resulta que é agora, sin o acceso, cando hai problemas serios cos camións nesa zona. En todo caso, logo de levar ano e medio na alcaldía semella que é agora cando se interesa por esta obra”, afirman os populares.

Desde o PP engaden que “o concello terá que habilitar solucións eficaces para evitar posibles problemas de tráfico nesa zona, no caso de que os haxa, a corto, medio e longo prazo. O reto é agora para o alcalde, que terá que demostrar que é capaz de cumplir coa súa misión”.

O GMP considera que “os que antes negaban que se fose facer a obra, e que en cada proceso electoral decían que as obras pararían logo de pasadas as eleccións, que veñen sendo os mesmos que están dicindo o mesmo coa ampliación do Hospital, deberían ter a valentía de recoñecer a bondade da obra, e mesmo de recoñecer que mentían. Entre eles, está o propio alcalde e o PSOE, que foron capaces de votar en contra da aprobación do Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), documento sin o que non sería posible nin o acceso ó porto nin a ampliación do Hospital, e que non fixeron nunca nada por ningunha das dúas”.

Exit mobile version