Site icon Crónica3.com A Mariña

O Mes da Maxia prolongarase ata o 26 de novembro

A Mariña, 25 de outubro de 2016. O Mes da Maxia na Mariña lucense dará comezo este venres, día 28, e prolongarase ata o 26 de novembro. Nesta iniciativa organizada pola Mancomunidade de Municipios participarán vinte establecementos nos que se poderá gozar dun espectáculo de maxia no decurso da cea.

O presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, comentou que”se trata de motivar á xente a saír da casa, a achegarse a un restaurante en A Mariña, que ha de haber moitos dispostos a ofrecer nas fins de semana unha sesión de maxia ao mesmo tempo que se goza dunha boa cea. Eu penso que dará moi bo resultado como ven sendo nestes últimos anos”.

Llano subliñou que “o Mes da Maxia ven un pouco en consonancia co que é A Mariña lucense, xa di o noso slogan, A Mariña é máxica por natureza, evidentemente esa maxia hai que concretala dalgún xeito. Agardamos que esta nova edición, a quinta, sexa moi interesante e que participe moita xente, como ven sendo habitual”.

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña explicou que “se vai celebrar desde o 28 de outubro ata o 26 de novembro, e son vinte locais distribuídos nos diferentes concellos que conforman A Mariña. Gústame moito que este ano participe no Mes da Maxia Amam, que é unha asociación de magos afeccionados da comarca, á que teño a honra de pertencer, e vai participar algún dos magos que podería dedicarse profesionalmente a isto”.

Alfredo Llano animou “a todo o mundo a que acuda a aqueles restaurantes da súa localidade onde se saiba que vai haber unha actuación máxica tanto no comer como no arte de pasalo ben”.

Os restaurantes que participan na quinta edición do Mes da Maxia son: O Almacén, As Sirenas, Casa do Fidalgo, Casa Franco, Vila do Val, Parrillada de Jandro, A Garita, Area Grande, Mis en Plas, O Rincón do Mis, O Cabazo, Buenavista, O Piano, Río de Oro, A Penela, Casa Damián, A Yenka, O Asador, O Noso Lar e Parador de Ribadeo.

Os magos que encherán de ilusión as ceas nestes locais son: Kiko/Joge, Pi/Paredes, Rafa, Teto e Senín/Miguel.

Na páxina web www.mesdamaxia.com atópanse o listado cos restaurantes participantes así coma os menús que se poderán degustar en cada un deles e os números de teléfono para facer as reservas.

Exit mobile version