Site icon Crónica3.com A Mariña

O obradoiro de retrato debuxado, a piques de comezar na Casa da Xuventude de Burela

Burela, 26 de outubro de 2016. En novembro dará comezo o obradoiro de retrato debuxado, que organiza a Casa da Xuventude, destinado a rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos.

Segundo explican desde a Casa da Xuventude “este obradoiro pretende ser unha pequena introdución ao debuxo do rostro humano, aprendendo os conceptos relacionados co desenrolo do retrato…”. O taller, que terá unha duración de 20 horas, será impartido por Óscar Villarquide, licenciado en Belas Artes en Pontevedra.

O número de prazas que se ofertan son 10. Aínda quedan dúas libres. Os interesados en inscribirse poden dirixirse á Casa da Xuventude, do Concello burelés. O custe da actividade é de 20 euros.

Ata finais de ano na Casa da Xuventude tamén se levarán a cabo outras actividades como obradoiros de radio, de informática e de impresión en 3D.

Exit mobile version