Site icon Crónica3.com A Mariña

O Observatorio organiza en Alfoz unha charla café sobre “Comunidade e muller na Galiza rural”

O Observatorio da Mariña emprende con forza a última etapa do ano e continúa coa programación de outono. Neste caso trátase da charla café que se celebrará o próximo venres 28 de outubro ás 20 horas, no Castelo do Castrodouro en Alfoz e na que se tratará sobre o cambio social no rural galego durante o franquismo e o cambio de réxime político dende unha perspectiva de xénero. A charla será impartida pola historiadora Alba Díaz Geada e conta coa colaboración do Concello de Alfoz.

A mariñá Díaz Geada estudou Historia na Universidade de Santiago de Compostela (2008). Investigou sobre o sindicalismo labrego galego no seu traballo de Máster en Historia Contemporánea (2009) e doutorouse en Historia Contemporánea nesa mesma universidade (2013). Grazas a un contrato posdoutoral (Plan I2C, Xunta de Galicia, 2014-2017) realizou unha estadía postdoutoral no Laboratoire d’Etudes Rurales (Universitè Lyon 2) e no Program in Agrarian Studies (Yale University).

A charla a modo de deabte terá lugar o próximo venres 28 de outubro no Castelo do Castrodouro en Alfoz, ás 20.00 horas, con entrada libre.

Exit mobile version