A Asociación contou coa colaboración do Club Tripenta de Lugo co cal ten un convenio de colaboración entre os dous para fomentar o deporte, para ir ao colexio público de Abadín para facer unha sesión práctica dun deporte moi novo para os nenos como é o Laser Run, correr e disparar con pistola laser, unha actividade que lles encantou aos nenos e nenas.
A esta actividade, que pon en marcha o convenio de colaboración entre a Asociación Deportiva Salto do Coro de Mondoñedo e o Concello de Abadín acudiron o Alcalde de Abadín José María López Rancaño e o encargado deportivo do Concello de Mondoñedo e da Asociación Salto do Coro Raúl González-Redondo Ares. O devandito convenio ten como obxectivo o colaborar mutuamente para fomentar o deporte entre as dúas entidades.
Cabe destacar a gran acollida que a actividade tivo por parte do centro e que a asociación agradece abertamente.