Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro lamenta a “deixadez e abandono” do goberno local cos veciños da parroquia de Vieiro

O grupo municipal do PP de Viveiro, unha vez máis, ven de recibir queixas dalgúns veciños de distintos barrios da parroquia de Vieiro pola situación na que se encontran varias pistas que dan acceso as súas vivendas e que teñen unha gran cantidade de baches tal e como acontece no caso dos accesos ó barrio de Lavandeira, tanto desde o barrio do Souto como do barrio da Cabeceira. Algúns destes veciños xa acudiron ó Concello e ós medios de comunicación para denunciar e esixir a súa inmediata reparación.

A mesma situación acontece no propio barrio de Lavandeira, na pista do barrio do Areal ó lado da casa rural e os accesos as vivendas do barrio de Sualavandeira – de pouco mais de 50 metros lineales – , pistas de accesos a vivendas que se encontran nunha situación lamentable o que provoca que cando chove se volvan intransitables , tanto para os veciños como para os vehículos, polo que resulta necesario e urxente tapar os baches que presentan antes da chegada das choivas.

No barrio de Granxas desta mesma parroquia , hai máis de 20 vivendas que están esperando desde fai aproximadamente 5 anos o asfaltado da pista – duns 400 metros – e que transcurre desde o barrio da Estacada o barrio de Granxas, donde o asfalto é de zahorra o que supón que por zonas este en malas condicións. No seu momento o goberno local socialista lles prometera que á finalización do paso da canalización do alcantarillado se asfaltaría esta pista , situación que a día de hoxe non se produciu , polo que reivindican á Delegación de obras que teña en conta esta pista en futuras obras a realizar a corto ou medio prazo.

Por outra banda estes veciños do barrio de Granxas , demandan que se complete nas viviendas o alcantarillado e que o goberno local e a empresa concesionaria do servicio lles faciliten poder entroncar ó alcantarillado , xa que fai anos no poideron facelo por problemas de paso da general en terreos privados, o que motivou un dos retrasos nesta obra, situación que según os técnicos do Concello na actualidade xa está arranxada.

Por todo esto desde o PP de Viveiro solicitamos o Goberno Local que lle de unha solución urxente ó bacheo destas pistas da parroquia de Vieiro, asi como que se busquen solucións de inmediato para os veciños que soliciten o entronque do alcantarillado no barrio de Granxas e outras vivendas que están ó carón e que tamén se poden beneficiar deste pozo de bombeo situado nesta zona.

Exit mobile version