Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro lamenta que nada se saiba dos orzamentos municipais para o 2017

O PP de Viveiro lamenta unha vez máis a falta de información e as poucas gañas que ten o equipo de goberno socialista de que o noso grupo poida participar na elaboración dos presupostos do 2017.

A estas alturas, tal e como establece a LRBRL o presuposto tería que ter sido elevado xa ó Pleno antes do 15 de outubro do ano anterior e nada se sabe do mesmo, o que nos leva a pensar que tentarán facer o do ano pasado, cando se nos entregou unha copia dos presupostos o 17 de decembro e leváronse ó Pleno para a súa aprobación o 29 de decembro. Con tan pouco marxe de tempo é difícil poder facer propostas, e máis difícil é que sexan tidas en contas posibles modificacións, xa que estas necesitan os preceptivos informes técnicos para que poidan ser aprobadas polo Pleno.

A pesares que sempre se nos di que contarán coa opinión do resto dos grupos, o certo é que na práctica tentase facer todo o contrario para que as nosas aportacións non sexan tidas en conta, tal e como demostra o feito de ir cos prazos sempre tan xustos, ou nalgúns casos directamente incumpríndoos. A pesares desta estratexia o ano pasado o noso grupo presentou once propostas ós Presupostos do 2016, aínda que lamentablemente ningunha foi tida en conta polo equipo de goberno socialista.

Desde o PP de Viveiro instamos á Alcaldesa a que se nos informe xa do proxecto de presupostos para o 2017, de tal xeito que poidan ser estudados co tempo suficiente para facer aportacións que os melloren e que contribúan por un lado a que os esforzos económicos do veciños de Viveiro sexan aproveitados dun xeito máis efectivo, e por outra banda a mellorar a delicada situación económica do noso Concello que é o segundo máis endebedado de toda a provincia – 12,8 millóns de euros – , tan so superado polo de Lugo, onde por certo tamén gobernan os socialistas.

Exit mobile version