Site icon Crónica3.com A Mariña

O Presidente mantén un encontro na Pontenova cos participantes do AlimentaTIC

O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, Dario Campos Conde, xunto ao Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos Ramos, mantiveron este venres un encontro na Pontenova cos participantes do AlimentaTIC, o obradoiro incluído dentro da programación de actividades gratuítas para maiores do InLugo, que fomenta a alimentación saudable a través das TIC.

Darío Campos remarcou que “todos sabemos que unha alimentación saudable é recomendable en calquera etapa da vida, pero faise especialmente necesaria cando imos sumando anos. O obxectivo de AlimentaTIC é, precisamente, ensinar aos nosos maiores a coidar da súa saúde cunha dieta saudable empregando as novas tecnoloxías”.

Ademais de participar nestes obradoiros, nos que haberá postos con alimentos saudables para os asistentes, os maiores terán a súa disposición unha guía de alimentación en formato dixital co deseño, por exemplo, dun menú semanal saudable ou con consellos para comer ben a prezos económicos.

15 obradoiros
Con motivo da celebración, o 16 de outubro, do Día Mundial da Alimentación, o InLugo organizará ata finais de ano 15 talleres distribuídos en todas as comarcas da provincia, así como dúas conferencias maxistrais sobre a importancia de mellorar as prácticas alimentarias a través das tic.

O seguinte obradoiro celebrase en Trabada o luns, 31 de outubro entre as 16.00 e as 19.00 horas no salón de actos casa da Cultura.

Exit mobile version