Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSdeG-PSOE de Cervo critica a inoperancia e a deixadez do Alcalde xa que foi incapaz de tramitar unha subvención de atención temperá que terá que ser custeada dende as arcas públicas

Cervo (Lugo), 1 de outubro de 2016.- O voceiro da agrupación socialista de Cervo, Francisco Mon, criticou que o alcalde foi incapaz de tramitar unha subvención en tempo e forma para a prestación do servizo de atención temperá que actualmente presta a Mancomunidade da Mariña.

Francisco Mon remarcou que no Pleno celebrado o pasado xoves dia 29, constatouse “a inoperancia, a incompetencia e a deixadez do Alcalde e do seu equipo de Goberno, xa que non foron capaces de tramitar unha subvención para poder prestar o servicio de atención temperá, tal e como se constata na información que expuxemos no Pleno”. Denuncia que a Orde do Dia do Pleno reflicte “un Concello inactivo, un Goberno Municipal baleiro de contido, sen plans, sen proxectos, sen proxección de futuro, en definitiva un reflexo claro da pobre xestión que ven a realizar o partido do PP no Concello”.

O Voceiro socialista sinala que preguntou en varias ocasións pola perdida destas subvención obtendo como única resposta as negativas do Alcalde sobre este asunto. Mon advirte que “na documentación constatase como o Concello de Burela mediante correo electrónico do 11/07/2016, comunicaba ao Concello de Cervo a petición da documentación para tramitación e incorporación a este servizo subvencionado, advertindo que a data tope era o 05/08/2016. Posteriormente envióuselles outro correo con data do 20/07/2016 onde se explicaba detalles económicos e onde se apremiaba a firma e remisión do convenio”.

Francisco Mon afirma que este servizo non será denegado pero di que “é inadmisible que este gasto teñamos que sufragalo os veciños de Cervo dende as arcas do Concello podendo estar subvencionado pola Consellería, pero tal e
como quedou probado, o Alcalde e o seu equipo de goberno foron incapaces de realizar os trámites necesarios para conseguilo”, resumiu.

Exit mobile version