Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Lugo demanda no Congreso modificacións lexislativas para evitar a competencia desleal, acadar maior transparencia, equilibrio da cadea alimentaria e sostibilidade das producións de alimentos

Lugo, 19 de outubro de 2016.- A deputada luguesa do PSdeG-PSOE Margarita Pérez Herraiz, e o senador lucense Ricardo Varela, anunciaron que rexistraron unha proposición no Congreso dos Deputados coa que demandan modificacións lexislativas co fin de evitar a competencia desleal nos supostos sinalados no ordenamento xurídico, co obxectivo de conseguir un maior equilibrio e transparencia nas relacións comerciais entre os diferentes operadores; mellorando o acceso á información e a trazabilidade da cadea alimentaria e garantir a sostibilidade das producións de alimentos”.

Nunha Proposición Non de Lei rexistrada no Congreso, a deputada socialista Pérez Herraiz lembra que en setembro de 2015 a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia dictaminou que non se opón á venda a perdida de productos alimentarios xa que mellora a concorrencia e podería ser ventaxosa para o benestar dos consumidores. Asi as cousas neste mesmo informe Competencia recoñece que o desenvolvemento dos grandes e medianos grupos de distribución contribuíu a aumentar considerablemente o seu poder de negociador cos provedores.

Actualmente observanse prácticas comerciais como o dumping, así como a utilizaciación de determinados productos como “reclamo”, sendo moi prexudicial para os productores.

Por iso replica que esta situación fai pensar que as normas non están respondendo aos obxectivos de evitar a competencia desleal e conseguir así un equilibrio entre as partes da cadea e protexer na medida necesaria co fin de acadar unha estabilidade aos produtores, xa coa que co a súa desaparición tería consecuencias económicas, de falla de garantía de acceso aos alimentos e medioambientais moi graves.

Sector estratéxico
Pérez Herraiz subliña que o sector lácteo “é fundamental para a economía de Galicia”, e especialmente “pola súa contribución a sostibilidade medioambiental do medio rural, xa que si diminúe a súa actividade morrería unha grande parte das zonas da nosa provincia”, concluíu.

Exit mobile version