Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE é un Ecce Homo, un cacho de carne con ollos

O PSOE, a día de hoxe, é un Ecce Homo, un cacho de carne con ollos, por culpa dos propios socialistas. Esta vez un partido político non pode culpar aos seus adversarios do estado de miseria en que se atopa. Os críticos que se cargaron a Pedro Sánchez fano responsable do deterioro do partido, como si fose un xogo de parchis, vai de derrota en derrota como de oca en oca. Con todo non din que cando Sánchez o colleu fai dous anos o partido xa ía á deriva e caendo en picado, polo que toda a culpa non será súa. É difícil enderezar un meteorito cando vai en caída libre. Os mesmos baróns que lle prohiben pactar á súa esquerda son os que gobernan nas súas respectivas comunidades autónomas grazas a Podemos.

O problema de agora é que o PSOE está descabezado e non conta cun líder á fronte do partido. A falta de pan, boas son tortas, pensaría o presidente do Goberno en funcions, que si quere falar de ti a ti con algún socialista destacado terá que facelo co seu homólogo de Asturias que ademais ten en común a costume de pintar o melo de mouro para disimular as canas e de paso a falla de ideas, que foi elixido para presidir a xestora.

Como o PSOE está feito uns raposos, O PP móstrase en disposición de seguir vacilándoe, ata algo máis do que veu facendo ata agora. Os socialistas mentras tanto estanse lambendo as súas feridas e non están para esixir moito máis do que obriga a dignidade perdida.

Os críticos de Sánchez afirman que as dúas derrotas consecutivas nunhas eleccións xerais (a cousa ten trampa porque se celebraron cuns meses de diferenza) obrigábano a dimitir, esquecendo que Felipe González, do mesmo xeito que Aznar ou Rajoy, chegaron ao poder á terceira logo de perder consecutivamente en dúas ocasións. O único que gañou á primeira e ás dúas ás que se presentou foi Zapatero, o paradóxicamente considerado o peor presidente da democracia ata que chegou Rajoy. Peor non se pode facer. Quizá por iso vaille tan ben.

Otero Regal.

Exit mobile version