Site icon Crónica3.com A Mariña

O Resurrection Fest 2017 contará con 100 bandas e un novo escenario: o Desert Stage

O Resurrection Fest 2017 introduce para o 2017 un novo escenario: o Desert Stage.

“Seguindo a nosa filosofía de escenarios temáticos e de especialización en diferentes xéneros, no noso cuarto escenario atoparemos o mellorciño do stoner, do sludge, do doom, do post-metal, rock psicodélico, etc. Non faltarán os riffs máis pesados e esnaquiza-pescozos! Doutra banda, o Chaos Stage seguirá sendo o escenario de metal extremo e o Ritual Stage o de punk e hardcore. E obviamente, o Main Stage traerá as bandas máis grandes sen importar o xénero”.

“Como xa prometeramos, este ano haberá 100 bandas no festival e ao longo do mes de novembro esperamos facer o primeiro anuncio de bandas”.

Exit mobile version