Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiros de técnicas de relaxación e concentración para nen@s e adultos en Barreiros

Barreiros, 7 de outubro de 2016. A Delegación de Cultura do Concello de Barreiros e a Oficina de Información Xuvenil organizan obradoiros de técnicas de relaxación e concentración para adultos e para nenos e nenas de 5 a 12 anos de idade.

A actividade para os adultos realizarase desde este mes de outubro ata maio de 2017 os luns e venres de 10.30 a 11.30 horas.

O obradoiro para nenos e nenas de 5 a 12 anos desenvolverase desde o 2 de novembro deste ano ata maio de 2017 os mércores de 17.20 a 18.20 horas.

Nos dous casos levaranse a cabo no salón de usos múltiples do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, onde tamén se recollen as inscricións, concretamente na Oficina Municipal de Información Xuvenil. As prazas son limitadas.

Exit mobile version