Site icon Crónica3.com A Mariña

“Os Caciques” do grupo teatral “Teatreir@s”, o domingo 29 no Centro Sociocultural de -San Cosme

O Colectivo Cultural Ollomao trae a Barreiros, por medio do Proxecto Teatral Buxiganga da Deputación de Lugo, a peza teatral “Os Caciques”. A obra, cun prezo de entrada de 2€ por persoa, será representada no Salón de actos do Centro Sociocultural de San Cosme ás 20:30h. polo grupo monfortino “Teatreir@s”. Unha historia de enredos políticos, enredos amorosos, sobornos e confusións, que de seguro fará pasar un bo anaco ás persoas asistentes.

O Colectivo Cultural Ollomao leva varias edicións participando no Proxecto Teatral Buxiganga, tanto como solicitante de obras para ser representadas en Barreiros, como ofertando pezas teatrais interpretadas polo grupo teatral deste colectivo. A interpretación e a literatura son, entre outros ámbitos da súa actividade cultural, dous piares na programación desta asociación barreirense que tamén o pasado domingo iniciou un novo curso de cinema e interpretación para nenas e nenos ao cal xa se sumaron unha vintena de participantes.

Exit mobile version