Os aspirantes ao título plantáronse na pista con repartición clara de papeis: dominio, perigo e posesión balear fronte ás escasas ocasións e recursos dos composteláns. Xa no minuto 3, Rizo inaugurou o electrónico de vaselina e no 8 Paradynski puxo o 2-0 cun balón que rozou Chema sen conseguir atrapalo. Ambas as escuadras viviron a recta final da primeira parte con cinco faltas; o Santiago tivo nas zapatillas de Dani Montes a oportunidade de acurtar distancias a falta de 54 segundos, de dobre penalti, ante o sólido Barrón. Sobre a bucina o Palma puido marcar o terceiro, cun disparo de Paradynski desde saque de banda que se estrelou contra o pau.
Na continuación os de Santi Valladares subiron a presión defensiva para incomodar ás filas de Juanito; conseguiron mitigar o perigo insular durante o primeiros cinco minutos; os de verde aproveitaron unha contra cun dardo envelenado de Carlitos ao segundo pau que entrou na tentativa de Ismael por despexar. Os galegos buscaron a remontada nas recuperacións, sen éxito ante a rápida resposta do Palma no repregamento. Unha das mellores ocasións dos composteláns tívoa Armando no 32, que se marchou fóra. Reaccionaron entón os galegos con Álex Diz liderando o xogo de cinco e enseguida deu resultado; antes de cumprirse o minuto 35 Antonio Diz recortou. O Santiago non cesou no recurso de porteiro-xogador e volveu fornecer efecto, de novo con Antonio Diz a falta dun minuto para o final. Viviu Vista Alegre gran emoción dentro e fóra da pista na recta final
Ficha técnica
Palma Futsal: C. Barrón, Vadillo, Carlitos, Eloy Vermellas, Joselito, cinco inicial; tamén xogaron Favero, Tomaz, Rizo, Paradynski, Attos, Lolo Suazo, Helinho
Santiago Futsal: Chema, Tallón, Isma, Álex Diz, Armando, cinco inicial; tamén xogaron Dani Montes, Diego, Catela, Santi, Antonio Diz, Alemao, Mel.
Goles: 1-0, minuto 3, Rizo; 2-0, minuto 8, Paradynski; 3-0, minuto 25, Carlitos (p.p. de Ismael); 3-1, minuto 34, Antonio Diz, 3-2, minuto 38, Antonio Diz;
Árbitros: Ferrero Carballal (Pontevedra) // Montero Garrido (Vigo). Por Palma, amarela a Vadillo, Tomaz. Por Santiago amarela a Catela, Antonio Diz.
Incidencias: Final do Torneo Burela Bonita disputado en Vista Alegre ante uns 500 espectadores. O alcalde de Burela, Alfredo Chairo, e o presidente do Peixes Rubén, Manuel Branco, fixeron entrega dos trofeos.