Site icon Crónica3.com A Mariña

Representantes do Consorcio da Igualdade e do Benestar revisitarán os traballos pendentes na nova escola infantil

Burela, 20 de outubro de 2016. Representantes do Consorcio da Igualdade e do Benestar visitarán o vindeiro mércores, 26 de outubro, as obras da nova escola infantil para supervisar os traballos pendentes de cara á apertura do centro.

O alcalde, Alfredo Llano, lembrou que “o outro día na reunión que fixemos en Santiago con representantes do Consorcio, quedamos para que se nos visitara o 26 de outubro, o próximo mércores. Agora mesmo estamos xa facendo medicións e traballos topográficos na finca onde está a escola infantil para organizar as obras que queremos comezar o antes posible”.

O rexedor burelés manifestou: “a ver se tivéramos a oportunidade de que viñera o xerente para tratar temas de convenios. Hai que darse conta que agora mesmo hai un acordo coa Fegamp para mellorar o que son os convenios das escolas infantís con respecto aos Concellos. Hai que ver a fórmula na que xestionamos a escola infantil, como aporta cada concello a súa axuda, sexa a base dunha achega por alumno, a base de mantemento, de conservación, de achega de material. Nese convenio queremos concretar as obrigas que ten o Concello de Burela con respecto á escola infantil. Tamén a través da Fegamp queremos mellorar a xestión e participar dunha forma activa na xestión das escolas infantís”.

O alcalde de Burela declara que “agardemos que veña o xerente o 26, senón queda para outra reunión porque o convenio temos que facelo o antes posible”.

Exit mobile version