Site icon Crónica3.com A Mariña

Representantes dos Portos Deportivos de Viveiro e Ribadeo participan no Salón Náutico de La Rochelle (Francia)

portos-rochelleRepresentantes das instalacións nauticas de Ribadeo e Viveiro asistiron un ano mais, coordinados por Portos de Galicia e Turismo de Galicia ao salón do Grand Pavois que se celebra na cidade da Rochelle, en Francia. Portos de Galicia ven de desenvolver desde hai uns anos unha labor de colaboración cos portos deportivos, instalacións náuticas, empresas e concesionarios adicados a esta actividade.

Os representantes destas instalacións náuticas mantiveron como é habitual conversacións e reunións cos distintos axentes e empresas que participan nun salon adicado ao sector náutico que desde o ano 1973 ven desenvolvendo unha gran actividade de promoción e divulgación do sector náutico.

Xunto coas grandes empresas nauticas e de servizos, o ente publico portuario, e os propios xestores dos portos veñen desenvolvendo importantes accións dirixidas á promoción e divulgación da cultura náutica e en particular das instalacións emprazadas na Mariña lucense

Pretendese con este tipo de asistencia a este salóns manter unha serie de contactos beneficiosos para as propias empresas xestoras dos portos e para o desenvolvemento do sector nesta parte do litoral galego.

Exit mobile version