Site icon Crónica3.com A Mariña

Rescatan un mozo na costa de Viveiro

Un mozo que estaba practicando windsurf foi rescatado a un quilómetro da costa de Viveiro. O rapaz non era quen de volver a terra polos seus propios medios.

O propio pai do mozo observou a situación dende o espigón de Celeiro e chamou ao 112 Galicia ás 12.20 horas. Con estes datos, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias puxo en marcha un operativo de rescate. Alertouse a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Tamén se informou a Protección Civil e á Policía Local.

Salvamento Marítimo decidiu mobilizar a embarcación Concepción Arenal, con base en Celeiro, para auxiliar ao deportista.

Exit mobile version