Site icon Crónica3.com A Mariña

Resurrection Fest, mellor gran festival de España polos premios Fest

unnamedViveiro 27-10-16. O Resurrection Fest erixiuse como gran gañador da noite na pasada gala dos Premios Fest 2016, uns galardóns que premian aos mellores festivais de toda España. O Resurrection Fest presentábase como un dos favoritos da edición con 3 nominacións e finalmente levou o premio “gordo” e converteuse no gran festival de toda España tralo voto do público e da industria, un recoñecemento a todo o traballo realizado desde a súa primeira edición hai xa 12 anos e tras varias nominacións e finais nestas mesmas distincións. O director del festival, Iván Méndez, quixo dedicar este premio tamén ao público, gran causante de que este festival se leve a cabo exitosamente e pola súa confianza depositada ó longo de todo este tiempo.

Exit mobile version