Site icon Crónica3.com A Mariña

Ruta da ACD Xove pola Fragavella

acdxove-fragavellaO pasado domingo 23, o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE, desprazouse os Montes da Fragavella (Concellos de Mondoñedo e Abadín), para facer unha das Rutas de Montaña máis bonitas que temos na Mariña, a Ruta: Pena Montol – Fragavella. Esta ruta de preto de 14 km. percorre a parte media da Serra do Xistral, por zonas de vexetación totalmente autóctona (piñeiros, acivros, carballos….) A Fragavella é moi coñecida polos recolectores de cogomelos, pois produce gran cantidade e variedade. Nestes montes existe unha finca propiedade da Xunta de Galicia, na que se crían e recrían cervos e tamén de vacas cachenas, así como as antigas instalacións dunha empresa xaponesa que se dedicaba á producción de setas para o consumo oriental, na década dos anos oitenta.

Exit mobile version