Site icon Crónica3.com A Mariña

Stand informativo sobre o VIH Sida, nas San Lucas

A Concellería de Educación e Xuventude de Mondoñedo informa que “dentro do programa “Infórmate, perde o medo” de concienciación e prevención do VIH SIDA que estamos desenvolvendo ao longo deste ano en colaboración coa Xunta de Galicia, a través de ASEDUC.

Este venres 21 de outubro con motivo das feiras de San Lucas, levaremos a cabo diversas actividades ao longo da tarde:

De 16h a 18h estaremos no Centro de Información á Muller para a realización de probas de detección do VIH a persoas con prácticas de risco. Totalmente confidencial.

A partir de esta hora, e ata as 20h, realizaremos un stand informativo na carpa da Asoc. San Lucas na Avda,San Lucas, ao carón do IES SAN ROSENDO”.

Exit mobile version