Site icon Crónica3.com A Mariña

Terras de Lourenzá percorrerá en outubro a Ruta do Azúmara

A Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” presenta a ruta do mes de outubro.

A saída deste mes, será a denominada “Ruta do Azúmara”, un percorrido de 9 kms e dificultade baixa. Dará comezo no Castro de Viladonga, onde, antes de comezar a camiñar, poderán desfrutar dun dos tesouros arqueolóxicos da nosa provincia, o conxunto formado polo xacemento do Castro e o seu Museo. Unha vez rematada a visita, disporanse a facer a ruta, cuio traxecto os levará dende o mencionado Castro ata Castro de Rei, onde xantarán nun restaurante da localidade.

Esta andaina será o domingo, 23 de outubro. A saída de Lourenzá está prevista para as 09.30 horas. O prezo (de 20€ para socios e 25€ para non socios) será para custear o transporte en autobús e a comida nun restaurante da zona.

O prazo para anotarse remata o xoves, 20 de outubro. Para as inscricións poñen a disposición dous números de teléfono: 636 67 95 12 (Pepe) ou 630 08 57 24 (Milio); así como o correo da Asociación: terrasdelourenza@gmail.com.

Exit mobile version