Site icon Crónica3.com A Mariña

Touriñán presenta ‘O monólogo do imbécil’ en Burela

touriPremio Max de Teatro 2003 ao mellor texto en lingua galega, ‘O monólogo do imbécil’ é un unipersoal no que EME 2 elabora a biografía dun home desde o momento da cópula dos seus pais, aló polo ano sesenta, ata agora mesmo. Un individuo que ante o absurdo da súa vida e do momento histórico que lle toca vivir séntese desprazado unha o outra vez.

Unha autobiografía surrealista, tenra, cómica e fantástica coa que todo o mundo acaba identificándose. Quen non se sentiu algunha vez como un imbécil?

A SANTI, o protagonista, todo lle sae mal. El procura comportarse como os demais, ten ilusión por ter un traballo como todo o mundo e casar cunha rapaza coma todo o mundo, pero sempre sucede algo que acaba deixándoo con cara de parvo.

É certo que ten unha tendencia a estar sempre nas nubes. E ás veces queda parvo mirando a ningures. E pensa: “Que fago eu aquí…coma un imbécil.”

Así que un día decide mirar atrás na súa biografía para ver de buscarlle o sentido ás cousas , e remóntase ao momento da súa concepción e aínda máis, a cando só existían un espermatozoide algo parvo e un óvulo despistado, e comeza a falalo todo desde o principio ata o preciso momento en que llo conta ao público.

A función, protagonizada por Xosé Antonio Touriñán, terá lugar o venres, 7 de outubro ás 21.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Burela. A entrada, 12 euros.

Exit mobile version