Os pupilos de Daniel Ibañes mediranse a un Prone na penúltima praza de Segunda, que se fai forte na casa. Nas dúas xornadas disputadas en Lugo empatou con UMA Antequera (1-1) e impúxose ao Betis (3-1); no entanto, fóra fraquea, con 5-0 ante Rivas Futsal, 4-2 en Tenerife e 7-5 fronte ao Barcelona B.
A última vez que se viron as caras lugueses e mariñáns foi na pretempada, o 10 de setembro, no Trofeo Cetárea Sport de Luarca, que caeu do lado dos da cidade amurallada grazas aos penaltis, tras un rifadísimo 2-2.
Convocatoria Pescados Rubén: 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 12. Petry, 13. Álex, 18. J. Bellvert, 20. Miñano, 21. Cuco, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder.