Vitoria do Magna Gurpea por 5-2 ante o Pescados Rubén Burela que non logrou o desafío de asaltar Anaitasuna. Con este trunfo os pamplonicas mantéñense invictos na competición tras un partido moi completo no que venceu con xustiza a un conxunto burelista que tardou en reaccionar no feudo navarro.
Na segunda parte o duelo comezou cos papeis intercambiados, o Pescados Rubén saltou máis enchufado para recortar distancias e gozou dun par de aproximacións perigosas pero o 3-0 marcado por Roberto Martil tras un potente disparo foi un duro golpe para a reacción laranxa. O xogo transcorreu durante varios minutos sen demasiadas incidencias ofensivas e no minuto 28 o Pescados Rubén apostou polo xogo de cinco para intentar variar o devir do choque. O recurso mariñanao que noutras ocasións funcionara á perfección non xurdiu efecto en Anaitasuna. O eterno Eseverri neutralizou o recurso dos de Daniel Ibañes ao marcar o 4-0 e no minuto 35 Rafa Usín encargouse de ampliar a renda local (5-0). O duelo entrou na súa recta final co Magna como claro acreedor da vitoria aínda que Matamoros aproveitou un dobrepenalti para situar o 5-1, minuto 36, e iniciar unha tardía reacción burelista. Asier evitou o segundo gol dos galegos en primeira instancia pero nada puido facer ante Petry que marcou o 5-2 definitivo.
Ficha técnica
Magna Gurpea: Asier, Dani Saldise, Eseverri, Araça, Rafa Usín – cinco inicial- Roberto Martil, Yoshikawa, Jesulito, Alvarito.
Pescados Rubén Burela FS: Álex, Bellvert, Cuco, Matamoros, Iago Rodríguez –cinco inicial- Chano, Antoñito, Petry, Iago Míguez, Hélder.
Goles: 1-0, m.2, Rafa Usín; 2-0, m.14, Araça; 3-0, m.24, Roberto Martil; 4-0, m.29, Eseverri; 5-0, m.35, Rafa Usín; 5-1, m.36, Matamoros; 5-2, m.38, Petry.
Árbitros: González Moreta, Sánchez Chamorro. Cartón amarelo no Magna Gurpea a Roberto Martil, Jesulito, Yoshikawa, Eseverri. No Pescados Rubén Burela cartón amarelo a Matamoros.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 4 de Primera División disputado no pavillón Anaitasuna de Pamplona. 2100 espectadores.