Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa se pode ver na Internet o vídeo da primeira mesa redonda das Xornadas de Comunicación, Gastronomía e Promoción do Turismo no Litoral de Lugo

vido-tr-xorncomturA Mariña, 26 de outubro de 2016. Xa está na internet o vídeo da primeira mesa redonda das Xornadas de Comunicación, Gastronomía e Promoción do Turismo no Litoral de Lugo, que se celebrou en Foz o pasado día 15 deste mes. Pódese ver e escoitar a través desta ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=6-lb95KmuDA.

A montaxe, realizado por ElFarero Audiovisuais, inclúe tamén fotografías doutros momentos do evento, como as visitas e degustacións nas que participaron Pepa Sastre, de Televisión Española; Pedro Pablo García May, de Axénciaa Efe; e Luís Fraga, xornalista televisivo e docente.

A mesa redonda, que se celebrou na Casa de Cultura de Foz, foi moderada por Pablo Villapol, do Progreso. Ao finalizar interveu o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e entre os asistentes estiveron tamén as concelleiras focenses Mercedes González e Silvia Blach, que ademais foi a encargada de mostrar aos xornalistas a Basílica de San Martiño; o presidente de Acia/CCA de Foz e secretario da Mariña Federación, José Carlos Paleo; o presidente da Mariña Federación, Ramón Leivas; o presidente do GALP A Mariña-Ortegal, Basilio Otero; a directora de profesionalización de Turismo de Galicia, Marta Fernández; e o responsable da área de Turismo da Deputación de Lugo, Eduardo Vidal Baamonde.

Coa colaboración de Luís Fraga, Pepa Sastre e Pedro Pablo García May A Mariña Federación puxo en marcha o hashtag #DisfrutaAMariña, no que se poden ver fotos e comentarios que foron colgando durante a súa visita á zona e nos días posteriores.

As Xornadas de Comunicación, Gastronomía e Promoción do Turismo no Litoral de Lugo están promovidas pola Federación de Comercio A Mariña e organizadas por Faro Norte Comunicación. A próxima será en novembro en Viveiro.

Exit mobile version