O número de matriculados nas Escolas Oficiais de Idiomas da provincia de Lugo e nas súas seccións no curso 2016/17 sitúase en 2.552 persoas, segundo os datos definitivos recollidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Por idiomas, o inglés segue a ser o que conta con máis estudantes – 1.742 matriculados- , seguido do francés – 253 -, o alemán – 181 – e o italiano – 138 -. Os cursos de portugués contan con 117 matriculados, mentres que os de chinés teñen 35 e os de galego 86.
Datos por idioma e escola
Os datos por escolas e seccións poden consultarse na seguinte táboa:
EOI Lugo 790 (Inglés) 156 (Francés) 86 (Alemán) 61 (Italiano) 86 (Galego) 117 (Portugués) 35 (Chinés) – Total: 1.331
S. Sarria 65 (Inglés)
EOI Monforte 197 (Inglés) 31 (Francés) 31 (Alemán) 27 (Italiano) – Total: 286
EOI Ribadeo 198 (Inglés) 38 (Francés) 32 (Alemán) 23 (Italiano) – Total: 291
EOI Viveiro 340 (Inglés) 28 (Francés) 32 (Alemán) 27 (Italiano) – Total: 427
S. Burela 152 (Inglés)
TOTAL: 2.552 – 1.742 (Inglés) – 253 (Francés) – 181 (Alemán) – 138 (Italino) – 86 (Galego) – 117 (Portugués)- 35 (Chinés).